19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O noso tren

13-08-16

suso-fernadezDende a primeira locomotora a vapor que circulou sobre raìles, presentada en 1802 polos ingleses Trevtink e Vivian, que ós dous anos fixeron unha demostración sobre unha vía mineira de 15 km. de longa, logrando mover unha carga de 10 Tm. de ferro e 5 coches con 70 pasaxeiros, a unha velocidade aproximada de 8 km./hora, ata a actualidade en que o AVE acada os 300 Km. a historia do ferrocarril, como a de tódolos avances tecnolóxicos da Humanidade, é unha sucesión dos mais contradictorios avatares polos que se manifestan as grandezas e as miserias do home.

A aparición do ferrocarril, que se amosaba como o grande recurso para o desenvolvemento dos pobos, espertou a avaricia das crases pudentes, capitalistas e políticos; aquéles porque vían nel un bó futuro para as súas inversións e éstes – os políticos – unha arma importante para gañar votos, xa fose erixíndose en defensores da súa implantación ou opoñéndose a ela, según de onde soplaran os ventos. A actitude diu lugar ás mais sorprendentes situacións, e os cidadáns de a pé dividíanse en dous sectores: aqueles que saudaban entusiasmados a aparición do tren, en canto que medio que racharía co tradicional illamento da nosa terra á que con evidente énfase Curros Enrique chamou o “Cristo dos tempos modernos”,en alusión a que sería quen de facer o milagre da revolución social e económica (os progresistas) e aqueles outros que vían no artefacto que cruzaba a bucólicas leiras un inimigo da paz e do benestar que se respiraba en plena natureza virxe.

O proxecto do ferrocarril Ferrol-Xixón é moi antigo, pois en 1883 o Goberno, con fins militares, para unir os centros industriais e carboníferos de Asturias coa base naval de Ferrol, dispuxo o estudo dunha vía que pasase por Ribadeo e Luarca.

No pleno do 8 de xaneiro de 1903, o concello de Foz adheríase á petición do alcalde de Vegadeo, para colaborar en resolver os atrancos que impedían a pronta realización das obras, e en cantas medidas tomase o alcalde da Veiga, promotor da iniciativa.

En 1926, por vontade de Primo de Rivera, comenzan os traballos, suspendidos en 1931, para voltar despois da guerra civil. Preto de cen anos despois dos primeiros estudos ponse en servizo o último tramo Vegadeo-Viveiro.
E así seguimos na Mariña. Un expoñente do que é a modernidade dos medios nunha comarca de recoñecido potencial económico e humano, ateigada de políticos de probada ineficiencia que segue, a día de hoxe,anclada na prehistoria dos camiños de ferro.

Suso Fernández

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive