Alfoz.20-8-16. Este sábado celebrouse unha ruta guiada ata a coñecida Pena Abaladoira, un bolo granítico de grandes dimensións situado nun paraxe excepcional pertencente á Serra do Xistral.
O punto de partida foi o Castelo de Castrodouro ás 9:00 horas, onde un autobús trasladou aos camiñantes cara o Pereiro, dende onde se partiu a pé ata a Pena. O percorrido foi de 8 km e a súa duración de aproximadamente 3 horas, onde participaron nenos e adultos.
No trazado deste percorrido púidose gozar de espectaculares paisaxes e da fauna e flora característicos destes ecosistemas montañosos.