En Viveiro, dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía. Aconteceu este domingo na estrada que vai á praia de Abrela.
O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 tivo constancia dos feitos ás 17.30 horas desta tarde. Acto seguido, informouse aos Bombeiros e ao GRUMIR da localidade. Dende o 112 Galicia tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios, mentres, mobilizaron unha ambulancia ao punto para asistir ás persoas feridas.