24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Ribeira de Foz limpa a ría

13-09-16

A pesares da climatoloxía, algúns dos integrantes da Asociación A Ribeira de Foz participaron e cumpriron co programa marcado por nos na última asemblea.

ribeira-riaEsta vez tratase de un acto simbólico mediante o despregue dunha pancarta na cofraría de pescadores e a colocación carteis polos locais hoteleiros za zona portaría, co slogan “STOP BASURAS”. Pancarta coa que pretendemos fomentar o civismo na xente que visita o mercado e feirantes do mesmo, para que non se repitan os feitos de contaminación da ria de Foz, polo lixo que queda estrado na explanada portuaria durante e despois da celebración da feira semanal os martes, e tamén durante a celebración das festas veraniegas.

Lixo que en gran medida acaba na ría de Foz a pesares do bo servizo de limpeza be recollida que presta o concello. Dende a nosa asociación non denunciamos nin queremos que se sancione a ninguén, tan so pretendemos que os centos de plásticos; bolsas, cartóns , botellas, non acaben no fondo da nosa ría.

Para elo cremos necesario o fomento do civismo entre os feirantes do mercado e tamén nos clientes do mesmo.
Pregamos de forma explicita o concello de Foz que tome parte de unha vez por todas no problema, e que participe activamente en solventar de unha vez por todas estes feitos, procurar que non se volvan a repetir nunca mais, e que sin tomar ningún tipo de medida disciplinaria a cal nos opoñemos, promulgue o civismo e conciencie que os feirantes deben deixar limpo a o recinto portuario que usan. descoñecemos si os feirantes necesitan mais contedores de recollida ou calquera outro menester, ahí deben actuar as autoridades competentes na materia, pero o que non podemos seguir permitindo e que que centos de plasticos contaminen todas as semanas a ría de Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive