24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta cede un novo vehículo de protección civil ao Concello de Cervo

13-09-16

pc-cervoCervo, 13 de setembro de 2016. A Xunta de Galicia cedeu un novo vehículo de Protección Civil ao Concello de Cervo, que o pon a disposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

O alcalde, Alfonso Villares, explicou hoxe que “desde o Concello de Cervo vimos de recoller un vehículo que nos cedeu a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia. Trátase dun pick-up que o Concello vai poñer a disposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un GES que está levando a cabo traballos non soamente de emerxencias senón tamén outro tipo de labores, como por exemplo de mantemento medioambiental, non só no noso concello senón en toda a comarca. É importante destacar os bos traballos que está a facer este operativo que pertence ao Concello de Cervo”.

O rexedor cervense rematou agradecendo “á Xunta de Galicia a cesión deste vehículo que vai ser moi importante para o Concello de Cervo e para os traballos que desempeñamos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive