Seguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade. O martes pola tarde inaugurouse un circuíto de educación vial móbil, que o Concello adquiriu para apostar firmemente pola educación vial dos máis pequenos. En bicicletas ou karts a pedais os rapaces puideron gozar do circuíto e aprender algo máis sobre sinais de tráfico e normas de circulación básicas. Este circuíto estará hoxe, mércores, e mañá ubicado na praza do Concello entre as cinco e media e as sete e media da tarde.
Circuíto de educación vial móbil en Burela
Circuíto de educación vial móbil en Burela
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’