21 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O coche de Botes nas San Lucas

14-09-16

suso-fernadezA relación Foz-Mondoñedo data de tempos moi afastados. Vellos papeis refiren que a primeira actividade mercantil dos focenses foi a venda de peixe fresco nos mercados da cidade episcopal¸labor que se mantivo vixente ata hai poucos anos. A cotiá presenza destas vendedoras fixo que chegasen a formar parte da xeografía humana da histórica cidade e que nela acadaran gran popularidade . Por outra banda a relación foi recíproca pois Mondoñedo – con Lourenzá e Valadouro – foron pioneiras do veraneo focego, e xa o xornal “El Baluarte de Galicia¬¬,¬¬¬” da cidade do Masma,do 19-7-1892 (hai 124 anos),decía: “Ha salido para Foz , con objeto de tomar baños don Felipe Carrera, acompañado de su distinguida esposa doña Carmen Robles”.

Don Xosé Trapero, xornalista e escritor, que vivíu todo o século pasado ata o ano 95, nos comentou a veces o feito, e relacionaba os nomes de familias do principio do s.XX que en Foz tomaban os baños.

Xa entón meu tio avó, Antonio de Botes, establecera liña de viaxeiros entre os dous pobos, en flamante dilixencia tirada por cabalos; servizo que algúns días prolongábase ata Baamonde con emigrantes para coller o tren á Coruña e alí embarcar para América, a cuxos portos chegaban tras un mes, aproximado, de navegación; da que moitos deles endexamais voltarían.

En 1922 Botes mercou un Dion Bouton, marca francesa da que tiña a concesión o mindoniense Xosé Barro, estabrecido en Chavín con importante industria.De contado mercou outro Dion idéntico. Ambos lucían nos costados o nome de “El Focense”. Foron perante moitos anos cordón umbilical entre ambas localidades. Cara a aquéla ían as caixas das pescantinas cheas de peixe que para a volta cargaban dos magníficos froitos da horta daquel fértil val.
Ao pouco tempo, en desgrazada manobra nunha rúa do centro de Mondoñedo, perdía a vida Antonio de Botes, o creador da Empresa.

Chegadas as San Lucas, o coche, ateigado de viaxeiros ata a “baca”, redobraba os esforzos para carrexar tanta parroquia. O ano 1965 finou Xosé de Botes,o fillo do promotor; o coche seguíu acudindo á cidade episcopal levado polo seu fillo ,Antonio; ata que, pasados uns anos os herdeiros venderon a empresa . Endexamais o coche de Botes voltou ás San Lucas.

Suso Fernández.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive