21 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo entrega os carnés de manipulador de fitosanitarios aos participantes no curso organizado polas Espalladoras

14-09-16

carnes-espallaCervo, 14 de setembro de 2016. As escolas de San Román acollerona entrega de carnés de manipulador de produtos fitosanitarios aos participantes nun curso organizado pola asociación de mulleres rurais As Espalladoras coa colaboración do Concello de Cervo.

O alcalde, Alfonso Villares, explicou que “facemos entrega dos carnés básicos de manipulador de produtos fitosanitarios a aquelas persoas que desenvolveron un curso que foi organizado pola asociación de mulleres rurais As Espalladoras e no que colaboramos desde o Concello de Cervo”.

Alfonso Villares especificou que o Concello “o que fixo foi poñerse en contacto con esta asociación e outros colectivos para entre uns e outros facer o posible para acercar estes cursos ao noso concello e así facilitarlles a aqueles veciños que necesitan este carné de manipulador de produtos fitosanitarios a súa obtención. Hoxe vaise facer a entrega correspondente a este primeiro curso, ao que acudiron 25 persoas e no que conseguiron este carné que é obrigatorio desde o 26 de novembro do ano pasado para mercar e para aplicar os produtos fitosanitarios. E, evidentemente, no noso concello, como en outros moitos de Galicia, a maior parte dos veciños teñen hortas e cultivan produtos para o seu autoconsumo; e, polo tanto, necesitan este carné de manipular de produtos fitosanitarios”.

O rexedor municipal rematou comentando que “desde o Concello de Cervo seguiremos estando en contacto con todas aquelas necesidades que lles poidan xurdir aos nosos veciños, como foi neste caso facendo o posible por facilitarlles que conseguiran este carné”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive