20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GMP de Burela di que o goberno local “se despreocupa do día a día”

14-09-16

Burela, a 14 de setembro de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Burela manifestou que “os danos causados polas choivas de onte, martes, puideron ser máis pequenos se se fixesen os labores de mantemento da rede de sumidoiros en tempo e forma. O que pasa é que temos un alcalde e un goberno municipal máis preocupados polas festas que polo día a día da nosa vila”.

Os populares afirman que “efectivamente esto non é a primeira vez que ocurre, e tamén somos coñecedores da configuración de Burela, con zonas ‘sensibles’ neste aspecto; tamén sabemos que a pleamar é decisiva á hora de complicar as cousas. Pero hai que destacar que ontes esta situación deuse co mar baixando, o que nos leva a pensar que houbo ausencia de vixiancia sobre a rede de sumidoiros e outros elementos do saneamento”.

Desde o GMP lembran que “hai dous anos deuse unha situación semellante, pero naquel momento fixéronse algunhas actuacións para minimizar os efectos no futuro. Pero esas actuacións precisan de mantemento; e se non se fai, acontece o que aconteceu ontes”.

Os edís populares consideran que “o de ontes é unha mostra máis do pouco ou nada que lle importan a este alcalde e ó seu equipo as cousas do día o día, a situación real da nosa vila, como por exemplo as zonas verdes, secas por que non se regan…. Por eso demandamos do alcalde e do goberno local máis preocupación polas cousas do día a día, e menos preocupación polas festas. Se ontes estivese o mar cheo, poderíamos estar falando de outras cousas peores”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive