21 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pico do Castro porá en escena en Burela ‘De vello gaiteiro’

14-09-16

Burela, 14 de setembro de 2016. A Delegación Municipal de Cultura do presenta ao grupo de teatro Pico do Castro coa súa proposta De vello gaiteiro. A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela, este venres, 16 de setembro, ás 21:30 horas.

Segundo explican desde a Concellería de Cultura “a asociación dramaturxia Pico do Castro de Foz creouse no ano 2014. Ata o momento só representaron a obra de Manuel Lugilde, aínda que na actualidade están a ensaiar unha obra de Juan Villarino que teñen previsto estrear na vindeira tempada”.

E engaden que “a obra De vello gaiteiro, é un ensaio en clave de comedia que se desenvolve nunha única ubicación, o sobrado, a habitación de maior importancia nunha casa acomodada. Nela transcorre esta trama: Rosiña, a filla dun labrego con posibles, recibe unha oferta de matrimonio por parte dun rico indiano. O problema é que Rosiña está namorada doutro. Nesta peza a figura do indiano é moi criticada, pola actitude de negación e desprezo que algúns destes emigrantes mantiñan respecto á cultura e lingua do seu país”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive