A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vendeu rifas co fin de recadar fondos para as festas patronais de Trasbar. O número da papeleta debería coincidir coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo da ONCE do 19 de setembro de 2016. O número premiado no sorteo foi o 66965, polo que a papeleta gañadora foi a que tiña o número 6965. O agraciado foi José, propietario do bar Arenal de Burela, que xa recolleu o premio (500 €) no local social de Trasbar, das mans de quen lle vendeu a rifa, María Díaz.
Trasbar entrega un premio de 500 euros
Trasbar entrega un premio de 500 euros
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo