O próximo domingo, 23 de outubro de 2016, visitarán Viveiro un grupo de 100 persoas da Asociación de Veciños Nueva Segovia, un dos barrios máis grandes da cidade de Segovia. Achegaranse dende a Coruña, onde están aloxados, e realizarán unha visita guiada e gratuíta á nosa cidade, acompañados de Boris Vilar Vidal, guía turístico, e de Sol Rey, Concelleira de Turismo e Comercio, organizadora da visita. Esta asociación, que realiza viaxes culturais por toda España, contactou con nós a través da súa axencia de viaxes e mostraron especial interese polo noso concello. O grupo está formado por xente de todas as idades.
Cómpre sinalar, por outro lado, que o Concello de Viveiro continúa coa liña de promoción turísitica iniciada e, deste xeito, realizáronse as xestións necesarias para conseguir que os folletos do municipio estiveran presentes no Salón Naútico Gran Pavois, en La Rochelle (Francia), unha das feiras náuticas máis importantes de Europa, e na Feira de Sevilla; estarán, así mesmo, na World Travel Market, de Londres.