A carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña na rúa San Francisco acolleu este sábado á noite en Ribadeo o sorteo de 2.000 euros en vales de compra para gastar ao longo dos próximos días nos locais asociados a Acisa.
Repartíronse 10 premios de 100 euros en vales cada un, un de 200 euros, outro de 300 euros e un máis de 500 euros.
A campaña da Federación de Comercio A Mariña arrincaba o pasado 10 de outubro e concluirá o 26 de novembro. Ata o momento xa repartiu 4.000 euros en premios, dous mil en Viveiro o día 15 e dous mil en Ribadeo este sábado 22.
Nas próximas semanas haberá tamén sorteos en Foz, Burela, Xove e O Vicedo. O obxectivo da campaña é potenciar o consumo local.