11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Ribeira de Foz asegura que “o dragado en Foz segue adiante” tras unha reunión co director de Portos de Galicia

12-10-16

porto-fozA Ribeira de Foz acudía a unha reunión na Coruña co director de Portos de Galicia; José Ignacio Villar García.
Nesta reunión solicitada polo colectivo de Foz o director de Portos explicaba a situación legal actual do proxecto de dragado e da ampliación de prazas de pantalán previsto en Foz.

“Agora sabemos que a obra proxectada vai por bo camiño, e a pesar de que tivo algún inconveniente tras a modificación recente da lexislación que regula este tipo de obras os trámites xa están case rematados e que proximamente se fará a licitación. Tamén nos comunicou que trataran o tema de modificar a tarifa X5, para intentar mitigar as diferencias actuais entre os usuarios de portos con problemas de calado”.

“Nós pedimos e explicamos a urxencia e importancia da ampliación de prazas de pantaláns pois a demanda está a ser moi alta e consideramos primordial para Foz dar cobertura a esa gran demanda que seguro vai ter unha significación moi relevante a nivel turístico para a nosa localidade”.

“Tamén explicamos que precisamos e cremos necesario un dragado das dúas dársenas e que vemos prioritario facer estes dragados en unhas condicións óptimas, xa que nas dársenas os dragados perduran mais de 20 anos, e que o canal de acceso os peiraos aínda que tamén sexa necesario o seu dragado deberíase ante facer algún tipo de obra para evitar o que veu producíndose tras os últimas actuacións, que foi que estes dragados resultaron ser ineficaces tras un corto período de tempo e o canal voltou a estar como estaba ou peor”.

“Presentamos algunha suxerencia o respecto da problemática do canal e tamén presentamos unha suxerencia para mellorar as condicións de abrigo do peirao de Porto Chico, peirao no que actualmente as embarcacións e pantalans perigan de rotura en épocas de mal tempo pois o mar traballa moito dentro do propio peirao, xa se produciu algún incidente no pasado”.

“A resposta ás nosas preguntas e suxerencias por parte do Sr.Villar foi o noso entender moi satisfactoria e cordial, nos emprazou como interlocutores a manter outra reunión co xefe de obras de portos para poder ver o proxecto final e saber fechas definitivas de execución. Os Socios de a A Ribeira De Foz agradecemos o Sr. Villar a sua atención e explicacións”.

“Pola nosa parte, seguiremos como o de agora traballando para mellorar algo os peiraos en Foz e proporcionar a náutica recreativa, sempre estaremos encantados e dispostos a prestar a colaboración que faga falta con Portos de Galicia”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive