11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta traslada ao Arquivo Histórico de Lugo a documentación do partido xudicial de Mondoñedo do período 1882-1957

12-10-16

partija-quendeSantiago, 12 de outubro de 2016.- O arquivo xudicial territorial de Lugo transferirá este xoves ao Arquivo Histórico Provincial da mesma cidade a documentación histórica do partido xudicial de Mondoñedo, composta polos fondos do xulgado de primeira instancia e do xulgado comarcal de Mondoñedo, do xulgado comarcal de Foz e do de Ribadeo.

Esta transferencia está composta de 486 unidades de instalación e abarca un período cronolóxico que vai desde o ano 1882 ata 1957. Entre a documentación que pasará a custodiar o arquivo histórico destaca o expediente de xuízo universal de quebra do banco Viúda e Hijos de Carlos Casas, de Ribadeo. Esta entidade, quebrada durante a II República tiña a súa sede no Pazo de Ibáñez, actual Casa Consistorial e antiga residencia de D. Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Hai que subliñar a importancia desta documentación, xa que moitas veces as fontes de tipo arquivístico constitúen o único medio de acceso ao estudo de empresas bancarias xa desaparecidas.

Nesta documentación histórica destaca tamén a presenza de La Partija de los montes de Santiago de Quende, concello de Abadín (Lugo) realizada en 1908, que contén cinco planos topográficos, en excelente estado de conservación. Este documento foi achegado como proba de xuízo no ano 1909.

Salvagardar o patrimonio galego
O proceso de expurgo é unha firme aposta do actual Goberno e que se está a levar a cabo de xeito progresivo en toda Galicia. Trátase dun proceso complexo e laborioso que non sería posible sen a colaboración dos distintos axentes xudiciais, especialmente dos funcionarios dos distintos xulgados que teñen realizado o traballo previo de gravame dos expedientes.

Entre as súas vantaxes, destacan as de gañar un espazo moi necesario nos saturados edificios xudiciais, mellorar o arquivo dos documentos e salvagardar o patrimonio galego recuperando expedientes históricos de gran interese.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive