O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, visitou este mércores 12 de outubro en San Miguel de Reinante a Guillermina Fraga Iglesias. Esta veciña acaba de cumprir 100 anos e o rexedor fíxolle entrega dun ramo de flores e dun escudo do concello. É a terceira centenaria que celebra o seu cumpreanos estes días e como nos casos anteriores o alcalde quixo felicitala en persona e en nome de todos os veciños e veciñas de Barreiros.
Guillermina Fraga, nova centenaria en Barreiros
Guillermina Fraga, nova centenaria en Barreiros
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece a segunda actividade dun ciclo dedicado a facilitar a inclusión na aula do alumnado con Trastorno do Espectro Autista
-
O pasado sábado desputouse o campionato provincial de xadrez en Viveiro
-
O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro