22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Lourenzá retoma os traballos de prevención e defensa contra os incendios forestais

12-10-16

prevencion-louLourenzá, 12 de outubro de 2016. O Concello de Lourenzá está a piques de rematar os traballos de prevención e defensa contra os incendios forestais. Anunciouno este mércores a alcaldesa, Rocío López.

A rexedora municipal explicou que “para este fin o Concello de Lourenzá e Consellería de Medio Rural asinaron un convenio de colaboración que puxo en marcha o desenvolvemento de accións combinadas de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018. O obxectivo é conseguir unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos dispoñibles. Para a realización deste labor o Concello de Lourenzá contou ó longo dos meses de agosto, setembro e outubro cunha brigada de 5 operarios que se encargaron dos traballos preventivos de forma manual, e cun tractor para os desbroces e os tratamentos preventivos mecanizados. Tamén foron contratados tres chóferes para o camión motobomba que ten o Concello”.

Rocío López destacou que neste programa incluíronse actuacións e tódalas parroquias e especificou que se levaron a cabo “distintos labores de prevención e desbroce manual e mecanizado en camiños de Adellao, A Franca, San Estevo, Rego do Castelo, Caleira, Rivalta, Candaedos, As Rivas, Cazolga e Villapol, entre outros lugares”.

A alcaldesa rematou salientando “a importancia de levar a cabo actuacións en materia preventiva para estar preparados ante posibles incendios forestais. O lume é hoxe en día unha ameaza que afecta non só aos nosos montes senón tamén aos recursos naturais e o desenvolvemento da actividade humana no medio rural. Por iso, toda prevención é pouca”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive