22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O subdelegado do Goberno eloxia o imprescindible labor que realizan os axentes da Garda Civil

12-10-16

Lugo, 12 de outubro de 2016. O subdelegado do Goberno en Lugo alabou esta mañá o “traballo imprescindible” que realiza a Garda Civil, á que definiu como un “corpo moderno e altamente eficiente” que, nos seus 172 anos de historia, se tén convertido nunha “seña de identidade do noso país”. Ramón Carballo fixo estas afirmacións no transcurso do acto castrense organizado pola Comandancia de Lugo con motivo da festividade do Pilar, a patroa da Garda Civil.

No transcurso do acto, que estivo precedido dunha misa oficiada na parroquia de San Francisco Javier, procedeuse á imposición de condecoracións a quince gardas civís, dous policías nacionais e un funcionario de Vixianza Aduaneira, que foron distinguidos polo meritorio labor desenvolvido ao longo do ano.

*Cruz de prata do Mérito da Garda Civil
-Brigada Antonio Rodríguez Expósito

*Cruz de prata á Constancia no traballo
-Garda civil Roberto Rois Rábade

*Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo blanco
-Capitán Víctor Souto Fernández
-Sarxento primeiro Miguel Ángel Saavedra Regueiro
-Cabo primeiro Jesús Castro Fernández
-Cabo primeiro José Luis Saavedra López
-Garda civil Primo Trabadelo Ramallal
-Garda civil Carlos López Pérez
-Garda civil José Antonio Camino Fernández
-Garda civil José Ramón Serén Gómez
-Garda civil Francisco Javier Otero Bande
-Garda civil María Sonia Santomé Calvo
-Comisario Manuel Teijeiro Sande (xefe provincial da Policía Nacional en Lugo)
-Inspector xefe Manuel Luaces Marco (Policía Nacional)
-Funcionario Fernando Niño González (Servizo de Vixianza Aduaneira)

*Cruz da Orde do Mérito Militar con distintivo blanco
-Cabo primeiro Andrés Donate Sahorí
-Garda civil Jaime Antonio Lage Pérez
-Garda civil Marcos Pena Luaces

No acto tamén se fixo entrega da insignia da Confraría do Santo Cristo do Perdón ao coronel xefe interino da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Miguel Ángel González Arias, e rendeuse unha homenaxe ao garda civil retirado máis veterano da institución na provincia, Amador Mouriz Pérez, de 94 anos e veciño de Lugo, ao que se lle fixo entrega dunha placa en recordo e admiración aos servizos prestados no Corpo.

ASISTENTES
O subdelegado do Goberno presidiu a celebración, na que tamén participaron o xefe interino da Comandancia de Lugo, o coronel Miguel Ángel González Arias; o comisario xefe provincial da Policía Nacional, Manuel Teijeiro; o xefe da Policía Autonómica en Lugo, Javier García Amigo; o subdelegado de Defensa, Carlos Boado; o presidente da Audiencia Provincial, José Antonio Varela Agrelo; o fiscal xefe da Audiencia, Roberto Brezmes; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación, Darío Campos; o xefe territorial da Delegación de Presidencia da Xunta, José Manuel Rozas; e o vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno; entre outras autoridades e representantes dos corpos de seguridade.

DISCURSO DO SUBDELEGADO
O subdelegado do Goberno referiuse, na súa intervención, á traxectoria da Garda Civil, que “nos seus 172 anos de historia soubo evolucionar “e cumprir co papel que a sociedade lle vai requirindo en cada momento” pero mantendo ao mesmo tempo “plenamente vivos e fortes” os principios e valores das súas orixes, “o que tén contribuído a modelar o voso carácter profesional, baseado na disciplina, o sacrifizo, a lealdade e o espírito benemérito”.

No tocante á adaptación da Garda Civil aos novos tempos, o subdelegado lembrou que “o mesmo Corpo que nos seus comezos combatía principalmente aos bandoleiros, atópase agora á vangarda da loita contra o terrorismo internacional e a cibercriminalidade, que se teñen convertido unha ameaza global ao superar as fronteiras de Estados e rexións; vela pola orde nas nosas costas e no mar territorial; está presente nas redes sociais; desenvolve unha encomiable labor nas nosas estradas; e mesmo proxecta a súa presenza a escenarios remotos para levar a cabo labores humanitarias”.

A conxunción de tradición e modernidade permitiu á Garda Civil consolidarse como “un corpo imprescindible, que ocupa un lugar propio e exclusivo dentro do sistema de seguridade nacional” e que se tén convertido en “garante da paz social e a convivencia democrática”. Ramón Carballo destacou ademais que “cando se fala de economía, da necesidade de xerar emprego, parece que estamos ante tarefas encomendadas unicamente aos axentes políticos e económicos. Pero sen unha contorna de seguridade física e xurídica, a creación de riqueza non é posible ou, cando menos, veríase seriamente dificultada. É por iso que o papel da Garda Civil neste sentido é tamén de grande importancia. Porque a seguridade xera confianza, e a confianza, investimentos”.

Non obviou que as características da provincia de Lugo “extensa e cunha grande dispersión poboacional” esixen “un trato especial, un esforzo extra” por parte dos axentes, dos que ensalzou a “vocación de servizo e a proximidade aos cidadáns”. “A sociedade agradece sentirvos ao seu carón. Sodes cercanos, discretos e eficaces, esixentes e cumpridores. Chegades os primeiros onde máis se vos necesita e non se entende un auxilio sen a presenza da Garda Civil”, engadiu.

Antes de rematar a súa intervención, o subdelegado animou “ao milleiro de axentes que prestades servizo nalgún dos postos e en calquera das especialidades da Garda Civil nesta provincia” a seguir na mesma liña de traballo: “anímovos a seguir traballando como ata agora para que, aqueles que pretenden vulnerar a lei atopen na Garda Civil o muro infranqueable do Estado de Dereito”.

Un complemento “imprescindible” para acadar isto, engadiu, está na estreita colaboración entre os distintos corpos policiais e tamén co poder xudicial. “Está demostrado que o traballo conxunto, rexido sempre polo respeto aos principios de coordinación e lealdade institucional, redunda nunha mellor capacidade para garantir a seguridade e a convivencia pacífica na nosa contorna”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive