O vindeiro 22 de outubro, ás 12.00 horas, na sala multiusos da casa do Concello de Viveiro, terá lugar unha actividade, dentro do programa Ler Conta Moito, para festexar o 24 de outubro, Día Mundial das Bibliotecas. A actividade, dirixida ao público infantil, será a cargo da compañía Migallas Teatro e consistirá no espectáculo de teatro musical Merendas de Pan e Millo. A entrada será gratuíta, ata completar aforo (100 localidades), e as entradas poderán recollerse entre xoves e venres na Biblioteca Municipal, entregándose un máximo de 2 entradas por persoa.
Teatro musical en Viveiro polo Día Mundial das Bibliotecas
Teatro musical en Viveiro polo Día Mundial das Bibliotecas
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder