20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta inicia o proceso de expropiacións necesarias para rematar as obras do novo acceso ao porto de Burela

14-11-16

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio do trámite de expropiacións necesarias para o remate das obras do acceso ao porto de Burela, que suporá un aumento da competitividade da dársena e liberar o centro urbano da vila do paso de 400 vehículos pesados cada día. O Goberno galego está a investir 8 millóns de euros e que estará rematada neste mes, pois está xa executada nun 95% (https://goo.gl/gsE3UH).

O levantamento de actas será o vindeiro 2 de decembro no salón de plenos da Casa do Concello (rúa Eijo Garay, 20) entre as 10 e as 10.30 horas.

Esta nova vía optimizará as comunicacións cara ao porto e suporá un pulo ao desenvolvemento económico do municipio, ao tempo, que redundará nunha maior seguridade e no incremento da calidade de vida dos veciños de Burela, xa que aliviará o tráfico no centro da vila e reducirá a contaminación ambiental e acústica nas rúas.

Trátase da construción dunha vía de 1,26 quilómetros que vai desde a intersección coa Avenida de Arcadio Pardiñas ata a Avenida da Mariña, o que suporá o afastamento dos tráficos portuarios do centro urbano, co que haberá unha mellora das comunicacións e de incremento da seguridade viaria.

Tras meses de traballo, nos que foi preciso superar as dificultades técnicas derivadas da orografía e da presenza da liña de ferrocarril no trazado, esta vía está moi avanzada. Os traballos continuarán nos vindeiros días ao longo de todo o trazado e que quedarán finalizados neste mes.

Trátase dunha infraestrutura estratéxica para reforzar a competitividade do porto de Burela, xa que facilitará os movementos de entrada e saída a unha das dársenas galegas que rexistra maior volume de operacións e que, desde a entrada en funcionamento da nova lonxa, viu incrementada a súa actividade.

A execución desta vía responde tamén a unha importante demanda dos veciños, posto que a apertura desta estrada reducirá as molestias e o perigo que supón a circulación de máis de 400 vehículos pesados ao día polo núcleo urbano da vila.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive