20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Candia amósase convencida do acerto de Feijóo coa continuidade do Goberno e da sensibilidade que “este equipo consolidado seguirá a mostrar coa provincia de Lugo”

14-11-16

Lugo, 14 de novembro de 2016.- A presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, amósase convencida do acerto de Feijóo ao ratificar a continuidade dos mesmos conselleiros no Goberno galego, así como da “sensibilidade que este equipo consolidado seguirá mostrando coa provincia de Lugo”.

Dende o PP de Lugo consideran que durante os últimos años e grazas á xestión e ao traballo levado a cabo por Feijóo á fronte do Goberno galego, “hoxe en día na provincia hai más emprego, mellorou a economía, os servizos sanitarios e sobre todos temos máis confianza no futuro”. De aí que Candia di que “os lucenses podemos estas satisfeitos porque no novo Goberno, a provincia poderá seguir contando co PP e con Feijóo á cabeza para seguir avanzando na recuperación”.

A presidenta manifesta a ilusión “por traballar con todos eles polos proxectos que os lucenses elixiron nunha campaña moi participativa”. Anuncia, neste senso, que se reunirá cos conselleiros daquelas áreas estratéxicas para abordar e avanzar “no noso modelo de provincia”.

Así, dende o PP de Lugo felicitan ao conxunto do Executivo por “un merecido recoñecemento a unha traxectoria exemplar” e deséxalles “o mellor para unha nova etapa que comeza agora ao servizo de todos os galegos e para estar á altura da confianza depositada polos lucenses”, onde o PP superou o 50% dos votos”.

Destacan o papel de Conde para afianzar a recuperación en Galicia
Ademais de mostrarse convencida de que Feijóo elixiu aos “mellores, Candia tamén quixo destacar o papel “claro” que ten previsto desempeñar Francisco Conde para afianzar a recuperación en Galicia e moi en participar na provincia de Lugo,”onde serán clave as políticas que lidera o conselleiro, especialmente as que se desenvolven nos ámbitos do emprego, economía e industria”.

Así, a presidenta provincial do PP cualifica “dunha gran noticia” e dun “orgullo” para o PP lucense a designación do que foi cabeza de lista pola provincia como próximo conselleiro do novo Goberno de Feijóo, para esta terceira lexislatura con maioría absoluta.

“O conxunto dos galegos continuaremos a ter un gran conselleiro en Santiago e teremos un gran valedor dos lucenses, preocupado e ocupado por esta provincia”, destacou. Candia engadiu que “todos fomos testemuñas do seu traballo tenaz por solucionar os problemas dos nosos veciños e impulsar iniciativas de presente e futuro, como a do parque tecnolóxico de Rozas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive