20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comezan o 29 de novembro as clases de baile de salón en Burela

14-11-16

Burela, 14 de novembro de 2016. O prazo de inscrición nas clases de bailes de salón que organiza a Concellería de Servizos Sociais abre este luns. Segundo explica Patricia Otero “aqueles veciños e veciñas que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse nas dependencias do CIM, sitas no Concello en horario de 8 a 15 horas”.

As clases de bailes de salón darán comezo o 29 de novembro e prologarase ata o 28 de febreiro. A concelleira de Servizos Sociais explica que “haberá tres quendas, todas elas os martes, cos seguintes horarios: de 18:45 a 20 horas, de 20 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:00 horas. As clases impartiranse no auditorio da Casa da Cultura”.

Patricia Otero subliñou que “vista a demanda e a boa acollida por parte dos participantes decidimos darlle continuidade a esta actividade, que é totalmente gratuíta para os veciños e as veciñas de Burela”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive