20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inicio das obras de “pavimentación e servizos na rúa Irmáns Vilar Ponte no tramo entre Luís Trelles e a praza de Juan Donapetry” en Viveiro

14-11-16

A execución das obras incluídas no proxecto de “pavimentación e servizos na rúa Irmáns Vilar Ponte no tramo entre Luís Trelles e a Praza de Juan Donapetry”, adxudicadas á empresa Carferlo, S.L. por un importe total de 94.925,52€ e cun prazo de execución de 2 meses, darán comezo este martes 15 de novembro; segundo comunica o Concello de Viveiro.

O obxecto deste proxecto que forma parte do proxecto conxunto de remodelación do Casco Histórico xa iniciado polo goberno do PSOE en anteriores lexislaturas con outras obras executadas, consiste na realización das actuacións necesarias para a reposición do pavimento e restitución dos servizos urbanos existentes na rúa Irmáns Vilar Ponte no tramo comprendido entre a rúa Luís Trelles e a praza Juan Donapetry; actualmente, a rúa Irmáns Vilar Ponte dende a praza de Santa María ata a rúa Luís Trelles encóntrase totalmente saneada, estando pendente o tramo a executar para deixar este vial do Casco Histórico de Viveiro totalmente saneado en canto a pavimentación e servizos.

Ditas obras de xeito máis detallado consistirán no seguinte:

1. Levantado do pavimento e instalacións existentes.
2. Dotación de servizos: Restitución da rede de saneamento e de abastecemento de auga, dado que as actuais redes encóntranse deterioradas e resultan insuficientes para garantir as necesidades actuais (aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais, saneamento da rede de pluviais existente mellorando a ubicación dos sumidoiros ao longo do vial, aumento da sección da rede de subministro de auga potable), así mesmo procederase á canalización da instalación telefónica e eléctrica eliminando todo o cableado que na actualidade discorre grapado polas fachadas.
3. Reposición do pavimento con losetas de granito e adoquín granítico.
4. Acondicionamento da praza Juan Donapetry: Pavimentación e reorganización da praza co obxectivo de homoxeneizar pavimentos e igualar a cota entre o vial e a praza, mellorando así a accesibilidade dos viandantes.

Ponse en coñecemento que para poder executar as obras, durante o seu desenvolvemento estará cortado o tráfico rodado nese tramo, quedando habilitado dende a rúa Nicolás Cora Montenegro pola rúa Maruja Mayo; garantindo o acceso peatonal.

Asinado dixitalmente á marxe segundo a Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive