20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Llano reúnese con representantes de ADIF para proceder ao valado dun treito de vía férrea

14-11-16

Burela, 14 de novembro de 2016. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo unha xuntanza este luns con representantes de Adif para proceder ao valado dun treito de vía férrea, que discorre paralela á rúa Celso Emilio Ferreiro e ao acceso ao paseo marítimo de O Cantiño. Son 150 metros os afectados co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns e dos trens.

O rexedor explicou que “supera os 150 metros de valado, tanto por un lado como polo outro da vía do tren, e faise en primeiro lugar por seguridade tanto para trens como para peóns, co obxectivo de que non poidan cruzar por alí, e tamén para que impedir que se siga deteriorando a vía do tren porque evidentemente estase sacando material en diversos sitios e xa se nota perfectamente que os lugares por onde pasa a xente con máis frecuencia estanse deteriorando”. Alfredo Llano considera que “tamén gañará en estética esa zona, porque ademais de máis segura esa zona quedará máis vistosa”.

O alcalde burelés engadiu que “a obra vaise acometer rápido, calculamos que antes do Nadal estará feito. Xa estiveron alí representantes de Adif e da empresa que vai facer esa obra”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive