15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Marica Campo recita os seus versos en Foz

14-11-16

A poeta do Val do Mao, Marica Campo, recitará unha escolma da súa obra poética, o martes 15 de Novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz, no marco da da Festa Da Palabra, encontro literario musical arredor da poesía, co que A Pomba do Arco tenta achegar a creación literaria ao grande público.

A escritora Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos e onde exerceu como mestra, é un recoñecida autora galega, cuxa obra mereceu premios literarios como o premio de Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil no 2007 ,Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía no 2008 ou o Fiz Vergara Vilariño.

Marica Campo é autora dunha longa obra literaria que abarca os diversos xéneros, destacando como narradadora, onde publicou títulos como Confusión e morte de María Balteira, Memoria para Xoana ou Onde houbo lume, e tamén como poeta. Neste campo publicou os poemarios Tras as portas do rostro, Pedinche luz prestada, Sextinario: trinta e seis + tres ou Abracadabras. Asemade algunhas das súas composicións foron musicadas por grupos como “Fuxan os Ventos” ou “A Quenlla”.

Os actos da Festa da Palabra terán continuidade o mércores 15 de Novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz, onde recitará os seus versos o escritor Miguel Sande , persoa moi vinculada á Mariña de Lugo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive