20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Nº8. Rúa dos Contos” con Buxiganga en Viveiro

14-11-16

trecolaMarionetas Trécola presenta no Teatro Pastor Díaz de Viveiro “N.º 8, rúa dos contos” o sábado 19 de novembro a partir das 18.00 horas dentro da programación do circuíto Buxiganga profesional. Dirixida a un público familiar (a partir de 3 anos) e baixo a dirección de Ero Vázquez como presentador e Isa García como Papandreia, conta a historia desta bruxa que “fai moito, moito tempo, vivía no Nº8 da Rúa dos Contos. Botou un feitizo sobre a casa, e quen alí entraba non atopaba xeito de saír. Xinzo e Lelo, dous ladróns, que non saben deste feitizo, deciden entrar na casa para encher o seu saco… Un lobo, un mago, un cazador e máis persoeiros, compartirán a súa viaxe
polo Nº8 da Rúa dos Contos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive