19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os ponentes das IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos visitan A Mariña

27-11-16

werfopwjewrOs ponentes austríacos, croatas e luso, que este sábado participaron en Ribadeo as IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos, aproveitaron a xornada do domingo para coñecer algunhas zonas de Mariña lucense. Este domingo percorreron Ribadeo e achegáronse á praia das Catedrais e despois desprazáronse ata Mondoñedo onde visitaron a Catedral, a Fonte Vella, o Concello, o Seminario ou a igrexa dos Remedios, entre outras localizacións. Estes profesores de FP estiveron acompañados polo presidente de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, que lles fixo entrega de varios exemplares da guía The North of Lugo, editada por Apaga e por Faro Norte Comunicación, e que ao longo deste curso se distribuirá polos países que visitará a asociación dentro das mobilidades nas que participa.

Estes profesores de Austria, Croacia e Portugal visitarán mañá, luns, a empresa Carrocerías Hermanos Rega, de Alfoz; e a escola de agricultura ecolóxica, de O Valadouro. Á súa viaxe a Ribadeo rematará pola tarde, cando retornen aos seus países de orixe.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive