20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os xornalistas participantes nas Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, “dispostos a volver á Mariña”

14-11-16

xornaernesadA Mariña, 14 de novembro de 2016. Os xornalistas que este fin de semana coñeceron Viveiro e participaron nas Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, mostráronse satisfeitos pola experiencia vivida e xa pensa en volver á Mariña lucense. David del Cura, Javier Cancho e José Manuel García percorreron o centro histórico de Viveiro acompañados polo cronista oficial da cidade, Carlos Novo, protagonizaron a mesa redonda do sábado pola tarde, saborearon a gastronomía da zona e gozaron da paisaxe mariñá.

O director e presentador do Compás, en Onda Cero, David del Cura sinalou: “a nosa visita a Viveiro foi unha experiencia necesaria para volver repetir, que creo que é fundamental en toda esta zona da costa lucense, tratar de conseguir que quen vin unha vez, como é o meu caso, volvamos nun tempo non moi afastado xa na primavera ou verán. Ademais descubrín unha zona de España que para min era completamente descoñecida e podo certificar que me sorprendeu moi gratamente. E sorprendeume gratamente nun mes de novembro; imaxino que nun mes de xaneiro, febreiro e sobre todo de abril e maio ha de ser unha marabilla. Simplemente dáme pena marcharme sen gozar algo máis da costa de Lugo, pero prometo volver e sobre todo, o máis interesante, contarlles a todos, ao meu círculo profesional e de amizades, que isto hai que coñecelo. De feito lévome o cartón do hotel”.

Javier Cancho, director e presentador do informativo matinal da Televisión do Principado de Asturias, contou que “para nós foi un descubrimento. Algo sabiamos de todo o que había por aquí, pero encantounos. As praias de Viveiro son impresionantes, a vista, o panorama, os cheiros, a gastronomía, que era do que máis sabiamos, descubriunos as preparacións dos mexillóns, as tapas, os peixes marabillosos, o ambiente e a xente. Estamos dispostos a volver, foi unha toma de contacto. Hai ganas de máis e de contar máis. Nós en Asturias témolo á beira, así que eu empeñareime en que entre todos os que nos preguntamos que facemos este fin de semana decídanse a coñecer a alternativa fantástica e fabulosa que está aquí na Mariña. Encantounos, gozamos e prometemos volver”.

E o director e presentador do programa Come e Fala da Radio Galega, José Manuel García, manifestou que “foi un luxo poder participar neste evento, ademais rodeado de compañeiros de profesión cos que habemos precisamente exposto e plasmado claramente a importancia da comunicación no tema do turismo. Eu creo que é clave que eventos como este, no que compañeiros de profesión, que somos os que estamos todos os días contando as cousas, sexamos os que, por unha banda, acheguemos a nosa visión de todo isto e, sobre todo, tamén porque como turistas coñezamos a contorna no que nos atopamos. Nós este fin de semana xa comunicamos, aproveitamos para estar aquí, para coñecer máis a contorna no que estamos e contarllo a toda a xente que nos segue e escóitanos. Está claro que a clave para que o turismo mellore e se desestacionalice está nunha boa comunicación. Se non contamos o que temos ninguén vai vir a velo. Eu creo que o obxectivo nestas dúas xornadas cumpriuse perfectamente”.

asndlfhaksdJosé Manuel García, David del Cura e Javier Cancho apostaron na mesa redonda do sábado por comunicar e contar o moito que A Mariña pódelle ofrecer ao visitante no outono e na primavera. Avogaron pola mellora das comunicacións na Mariña Occidental e por potenciar a cociña de outrora, elaborando pratos, guisos ou tapas de forma tradicional e empregando os moitos peixes e mariscos que se capturan na costa lucense, tanto os denominados de roca como os de baixura. E foron máis aló propoñendo a organización dalgún evento gastronómico común e en conxunto en toda a Mariña para chamar a atención do turista durante os meses de outono, inverno e/ou primavera. Na mesa redonda tamén se propuxo a creación dunha rede museística comarcal co fin de ofrecerlle ao visitante alternativas de lecer e culturais para ampliar o coñecemento sobre a riqueza monumental e patrimonial da Mariña lucense.

A presenciar a mesa redonda acudiron, entre outros, o presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Basilio Otero; o presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas; o vicepresidente e a xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro, Ángel Vázquez e Isabel Méndez; a responsable da área de Economía e Facenda da Deputación de Lugo, Mayra García; a directora de Profesionalización de Turismo de Galicia e responsable do Centro Superior de Hostalería desta comunidade, Marta Fernández; a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey; o concelleiro e deputado popular no Congreso, Jaime de Olano; o portavoz do PP no Concello viveirense, Antonio Bouza; o deputado autonómico mariñán, José Manuel Balseiro; e o secretario de organización do PP na provincia, Daniel Veiga.

As Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que xa pasaron por Foz e por Viveiro, volverán o próximo ano. De marzo a xuño chegarán a Burela, Xove, O Vicedo e Ribadeo. O evento está promovido pola Federación de Comercio A Mariña, organizado por Faro Norte Comunicación e conta co respaldo do Galp A Mariña-Ortegal.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive