15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Asociación de Comerciantes promociona Barreiros a través do “Templo da Saúde”

07-12-16

iwelnfkdmcklsdnBarreiros 7 de decembro de 2016 – A Asociación de Comerciantes de Barreiros presentou este mediodía o novo proxecto de difusión e impulso do concello como destino turístico cultural, natural e saudable: “Barreiros, Templo da Saúde”. Unha iniciativa coa que pretenden animar á xente a visitar Barreiros con calma, para desfrutar do silencio, do mar e dos produtos da terra.

O presidente da ACIAM, Xesús Seivane, quere rescatar aquela costume dos avós de pasar nove días ao carón do mar para recuperar a saúde despois do laboreo dos campos. Beber auga de mar, camiñar polos paraxes de Barreiros, admirar o patrimonio e desfrutar das conversas tranquilas sen mirar o reloxo, como se facía no século pasado nos lavadoiros (elementos que están a recuperar dende a Asociación de Comerciantes coa axuda dos integrantes de “Mar e Monte”)

A ACIAM dispón de material promocional do Templo da Saúde, mapas, rutas documentadas, ademáis dun libro onde veñen recollendo todos aqueles hitos históricos relacionados co concello.

Todos os sábados organizan rutas guiadas e este sábado, ademáis, farán unha Cea de Nadal. Ao tempo de confraternizar, porán en común os obxectivos e directrices do Templo da Saúde. Terá lugar no restaurante Oliñas do Mar a partir das dez da noite.

O presidente da ACIAM quixo, na presentación deste proxecto, ter un recordo especial para Suso do Siñeiro, xornalista recentemente desaparecido que era un gran amante de Barreiros e das boas tertulias.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive