15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Compromiso valora os datos do informe PISA

07-12-16

Santiago de Compostela, 7 de decembro. Compromiso por Galicia considera que os datos do informe PISA confirman o bo nivel educativo que hai en Galicia e a ferramenta enriquecedora que constitúe o noso idioma.Estes datos teñen un mérito maior, tendo en conta os recortes e as carencias ás que está facendo fronte tanto o profesorado como o alumnado.

A Xunta de Galicia debería aproveitar ese capital humano existente coas políticas axeitadas, para que a nosa mocidade,en vez de estarse preparando para emigrar, puideran estar adquirindo unha formación axeitada para quedar aquí e dinamizar o país.

Que os alumnos e alumnas galegas estean por riba da medida estatal en comprensión lectora, ciencias ou matemáticas debe de ser un factor motivador pero nunca unha escusa para manter un sistema deficiente.

Tamén entendemos que a ensinanza do galego, aparte de ser o idioma noso, é un elemento enriquecedor para o futuro dos nosos mozos e mozas.

Ao mesmo tempo que temos un idioma propio, temos un nivel de compresión lectora en castelán superior á media estatal, e mesmo á media de comunidades autónomas monolingües, o que acredita os beneficio da aprendizaxe do galego.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive