15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Elena Candia pon en valor a forte aposta do Goberno local polo desenvolvemento do turismo e potenciación do Camiño Norte

07-12-16

Mondoñedo, 7 de decembro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, puxo en valor este mércores a forte aposta que está a facer o Goberno local polo desenvolvemento do turismo e, neste caso, pola potenciación do Camiño Norte. A rexedora remarca que “cremos no Camiño e vemos no sector turístico, unha das nosas principais industrias e fontes de riqueza”.

A alcaldesa da localidade fixo estas declaracións tras a inauguración esta mañá por parte da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, do Centro de Interpretación do Camiño que se reubicou no Centro Cultural da Alcántara. Candia agradeceu o investimento que está a facer a Xunta de Galicia no Camiño e a súa implicación co municipio.

A rexedora definiu o día de hoxe como “un día de alegría” no que se cumpre un obxectivo “ao ano e medio de tomar posesión”. Para a alcaldesa, a reubicación do Centro de Interpretación do Camiño no Centro Cultural da Alcántara permitiu poñer en valor esta infraestrutura cultural, darlle unha maior visibilidade ao centro e, polo tanto, “ofrecer unha mellor atención ao peregrino”. Elena Candia asegura que con esta decisión “ofreceremos un mellor horario de atención ao usuario e un servizo máis profesionalizado”. A rexedora defende que “o Centro Cultural da Alcántara pon en valor non só o Camiño Norte, senón tamén Mondoñedo e a súa cultura”.

Guía cos recursos locais para o peregrino
Elena Candia enumerou varias das iniciativas que o Goberno local está a desenvolver no eido turístico e que teñen por finalidade mellorar a atención ao visitante. Así, ademais de localizar o Centro de Interpretación do Camiño no Centro Cultural da Alcántara, a popular fixo referencia ao establecemento dun mellor horario de apertura da oficina de turismo e dos obradoiros dos Muíños, dunha oferta máis ampla de visita á Cova do Rei Cintolo, a mellora na sinalización no casco histórico así como “moita promoción”, destacou.

A alcaldesa reiterou que “apostamos e cremos no Camiño” e neste eido dende o Goberno local están a elaborar unha guía, que presenta de forma visual os recursos e servizos que ten a cidade para o peregrino e que, segundo engade a alcaldesa, “hoxe mesmo trasladamos a petición á Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos para que nos fagan as súas achegas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive