Alba Sánchez Ares veciña de Santiago de Compostela foi a gañadora do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “De Ela”. O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra “O suicídio da camelia” da que é autora, Tamara Andrés Padín, de Poio. Daniel Irimia Yáñez, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Resoar de amor e morte”. Daniel Irimia é de Momán; Cospeito. A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 10 de decembro a partir das 12.15 horas no salón de plenos do Concello.
Entrega do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome en Mondoñedo
Entrega do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome en Mondoñedo
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’