15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Fallado o XV Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello de Foz

07-12-16

aserfaweFoz, 7 de decembro de 2016. A décimo quinta edición do concurso de postais de Nadal convocado polo Concello de Foz, que é o máis antigo da comarca e recibiu 697 traballos, foi fallado polo xurado, que se reuniu antonte, luns, día 5.

A relación de premiados é a seguinte:
1º premio categoría infantil A – Carmen López Aguiar (6 anos)
2º premio categoría infantil A – Adrián Villapol Iravedra (5 anos)

1º premio categoría infantil B – Luis Montero Fernández (9 anos)
2º premio categoría infantil B – Cecilia de Jorge Otero (10 anos)

1º premio categoría xuvenil – Ayla Gordon Escobar (11 anos)
2º premio categoría xuvenil – Clara Franco Paleo (11anos)

Accesits: Luis Berdeal de la Barrera (6 anos), Bruno Rodríguez Docobo (10 anos) e Ayman Mustapha Rasouani Mansri (11 anos).
Entre os premiados a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Luis Montero Fernández, de 9 anos de idade, do colexio Nosa Señora do Pilar, polo que o premio especial foi para ese centro.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, destacou: “estamos moi satisfeitos coa participación, porque se presentaron un total de 697 postais: 207 na categoría Infantil A, 303 na categoría Infantil B e 187 na categoría Xuvenil. Outro récord coa participación de todos os colexios da vila e o IES de Foz, polo que o xurado seleccionador tivo un duro traballo. Dende a Biblioteca Pública Municipal agradecemos moitísimo, un ano máis, esta gran participación, consideramos o esforzo que supón e a calidade demostrada”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive