15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo leva a cabo traballos de limpeza e mantemento das fontes públicas

07-12-16

fotnsplaCervo, 7 de decembro de 2016. O Concello de Cervo está a realizar estes días traballos de limpeza e mantemento das fontes públicas. O alcalde, Alfonso Villares, salienta a importancia de conservar este patrimonio municipal.

O rexedor cervense anunciou que “durante estes días desde o Concello de Cervo levamos facendo uns traballos de limpeza e mantemento en profundidade dalgunhas das nosas fontes municipais. Todas elas nos seus tempos e aínda na actualidade serven para abastecer de auga aos nosos veciños, pero hoxe en día esa auga, de ningunha fonte que temos nós e eu penso que en ningún concello, é un auga que se poida considerar como potable”.

O alcalde de Cervo explicou que “para ser auga potable tería que levar algún tipo de tratamento de desinfección, ben sexa cloración ou doutro tipo, que ningunha das nosas fontes ten porque entendemos que se o levara perderían parte das súas características organolépticas; e polo tanto non o estamos a facer. Polo tanto trátase de auga sen garantía sanitaria e iso teñen que sabelo todos os veciños. É auga que durante toda a vida foi da que se surtiron os nosos antepasados, os nosos pais, os nosos avós, pero non se pode considerar como auga potable”.

Alfonso Villares salientou que “facemos estes traballos de limpeza e mantemento en profundidade porque consideramos estas fontes como un patrimonio que ten o noso concello. É un patrimonio que temos que coidar e debemos estar pendentes de que estean en perfecto estado. Os traballos que se fixeron durante estes días foron nas fontes das Casas Novas e de Cuíña, uns traballos cos que conseguimos que polos seus caños volvera correr a auga e que poida outra vez ser utilizada por aqueles veciños que queiran, pero sempre coas precaucións debidas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive