15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

‘Os Rockestein’, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro

07-12-16

asdfasdO doutor Rockesnstain gran profesor e científico, e inventor, pero tamén é un melomano conscientes de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha estrela musical que salve ó mundo da desparición do Rock’n Roll. O experimento resulta ser un éxito, non saíndo una criatura futura estrela do rock: saen tres!. Unha criatura masculina e dúas femeninas. Rapidamente empeza a súa ardua tarefa: educar ás futuras estrelas de rock, para que se formen antes como persoas que como rockeiros. Esa educación aserá a través das nove cancións que compoñen este musical, e na que continuamente se pedirá a participación dos espectadores e espectadoras.

Jouse García, Xoque Cabarjal, Celia González e Sandra Iglesias representarán o musical “Os Rockestein”, de Malasombra Produccións, o sábado 10 de decembro a partir das 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A proposta, dirixida a un público familiar, está dirixida por Marcos Orsi. O texto é de José Prieto, a música de Carlos Mosquera, a escenografía de Carlos Alonso e a maquillaxe de Trini F. Silva.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive