Burela.Venres 20 de xaneiro. A Selección da Mariña Alevín de Fútbol Sala Base pelexará na fase final do Campionato Galego de Seleccións Locais Base que se disputará mañá na Estrada (pavillón Coto Ferreiro).
Vigo será o rival en semifinais para o equipo dirixido por Michael Sante e Andrés López nunha cita prevista para as 12.30 horas. Ás 11.30 decidirase o outro billete para a final, entre Santiago e A Coruña.