27 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ante as últimas declaracións do Alcalde de Foz tildando de “moi xenerosa” a súa proposta de deixar decidir á oposición as inversións nos próximos orzamentos do Concello o PSdeG-PSOE de Foz manifesta que ditas declaración supoñen un alarde de “buenismo” e non de verdadeira negociación.

10-01-17

Foz 10-1-17.O voceiro socialista Chema Linares acude, hoxe xoves, a unha reunión de portavoces coa máxima vontade política para chegar a un acordo de cara os orzamentos do 2017.

O alcalde ofrece uns escasos 200 000 euros para inversións nun orzamento de mais de 7 millóns, debido a que non hai un control do gasto corrente.

Cando o destinado a inversión é escaso haberá que analizar los pros e contras de cada proposta, incluídas as da alcaldía, non so as dos grupos da oposición e priorizar.

Os socialistas rexeitamos o buenismo do Sr. Alcalde deixando nas nosas mans unhas migallas e invitando á oposición a chegar a acordos. Recordámoslle que xa fai días que presentamos as nosas propostas ao igual que o resto das formacións políticas. Correspóndelle ao Alcalde, que goberna en minoría, consensuar con todas as formacións, ou buscar acordos con algunha delas. O PSOE quere manifestar boa vontade para chegar a acordos e a súa boa disposición para aprobar os orzamentos, e non por rédito político como quere facer ver o alcalde nas súas declaracións, senón para que os investimentos redunden no benestar dos veciños e veciñas do pobo.

Pero non so basta con dicir que é a oposición a que se ten que poñer de acordo para investir esa exigua partida, salvo que o que pretenda sexa xerar confusión e enfrontamento, máxime cando quedan por perfilar moitas propostas do propio alcalde, como o gasto para festas ou o Plan verán.

O equipo de goberno terá que priorizar e saber cales son as inversións máis urxentes e necesarias. Nós adiantabamos dúas delas, como as beirarrúas do Cemiterio e o ensanche da rúa do Pilar. Estas e outras presentadas polo PSdeG-PSOE de Foz son claramente necesarias. Uns 200.000 euros para inversións son moi escasos e non dan para moito pero é froito de non controlar e racionalizar os gastos correntes. Así, os gastos en festas que incrementa preto dun 100%. ¿Quere investir os cartos da contribucións dos veciños en festas? Iso parece, unha falta de consideración con todos nós. Ou un plan verán para a limpeza e pintado do pobo de 220.000 euros, destinado para contratar empresas sen acudir a concurso público e en función da única decisión do Alcalde.

Non só as propostas da oposición son as que deben valorarse, senón as propostas do propio equipo de goberno, como as sinaladas, que non fan máis que engordar os gastos correntes en detrimento das partidas destinadas a inversións co que moitos dos investimentos necesarios van quedar sen executar.
O equipo de goberno é quen elabora os orzamentos e a el lle corresponde ter vontade negociadora e non de enfrontamento dos grupos entre eles e priorizar as actuacións mais beneficiosas para á veciñanza e non á inversa como pretende o alcalde.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive