Foz 12-1-17.Durante este pasado ano 2016 “Foz, Plataforma de Futuro” estivo traballando todos os días en mellorar as
condicións de vida dos nosos veciños e veciñas, dende o lugar que nos corresponde como oposición ,fixemos
todo o posible porque as nosas decisións influirán positivamente sempre no benestar do pobo de Foz.
Neste tempo presentamos numerosas mocións nos distintos Plenos da Corporación Municipal sendo
aprobadas todas elas, e algunhas xa sendo realizadas, véndose os veciños/as do noso Concello beneficiados,
sen embargo hai outras que o Alcalde ten gardadas no seu caixón.
As mocións presentadas durante o ano 2016 foron:
Solucionar deficiencias do carril bici.
Limpeza de camiños públicos.
Mellorar a estrada en San Martiño á altura da casa de Cerdeiras.
Adecentamento da zona do Curbeiro.
Aglomerado da estrada entre o camping e a praia da Pampillosa.
Actualizar os números das vivendas das nosas parroquias.
Sinalizar as rúas de Forxán de Abaixo.
A renovación da pasarela sobre o río Centiño en Vilaxoane á altura do barrio da Pena.
Mellorar o cruce da casa de Tol, na Espiñeira en Vilaronte.
Solicitar á Consellería de Educación a implantación do ciclo de grao superior de servizos de
restauración e marketing.
Mellora da Rúa Constitución.
Mellora da Rúa Atalaia.
Reparar a estrada do Alto de Mañente en Vilaronte.
Instar ó Ministerio de Fomento a modificar o proxecto do corredor, a autovía A-74, se plantexe un
maior afastamento da Basílica de San Martiño e contemple unha segunda saída para Foz.
Apertura e limpeza do Camiño Real en Cordido.
Instar ó Ministerio de Costas para construír a rampla de acceso á praia dos Xuncos en Cangas.
Mellorar a sinalización da parroquia de Nois.
Instar ó Ministerio de Fomento a mellorar a sinalización na Espiñeira do cruce que hai hacia a
estrada antiga.
Declarar o Concello de Foz Concello solidario co Alzehimer.
Repartir o cobro do IBI en 2 veces ó ano e aplicar un desconto do 5% nos recibos domiciliados.
Instar á Deputación Provincial de Lugo a incluír unha partida nos presupostos do ano 2017 para
continuar coas beirarúas do centro de Vilaronte.
Instalar o C.I.M no noso Concello.
Acondicionar o Camiño Vello en Marzán
Sinalizar o comezo e remate do noso Concello na Estrada N-642.
Así como, numerosos rogos como:
Sinalización do local social de Santa Cilla na estrada xeral LU-152.
Solucionar os problemas de escorregamento da rúa prolongación García Lorca.
Limpeza das áreas recreativas.
Pintar os pasos de peóns na rúa Concello de Barreiros á altura da gardería.
Solucionar o perigo de derrube dunha vivenda na prolongación da rúa Xesús Nazareno, outra en
Paco Maañón e Avda. da Mariña.
Colocación dun contenedor na praia da Arealonga.
Mellorar a rampla de acceso ó Cemiterio de Vilaronte.
Reparar distintas fochancas nas rúas do noso pobo.
Limpeza da fonte de Vilaxoane, así como dunha finca ó lado da casa de Fiallega.
Mellora da seguridade viaria en Vilaxoane no cruce coa estrada de San Martiño.
Mellora da iluminación no parque Martínez Otero.
Colocar taboleiro de anuncios no Chao en Santa Cilla.
Reposición dun espello na Rúa Pena Parda en Marzán.
Limpieza xeral de todas as fontes públicas do noso Concello.
Renovar a ducha da praia das Polas en Nois, así como a colocación dun lavapés.
Solicitarlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno manteñan o mercado semanal do 9 de agosto.
Sinalizar a estrada que vai á EDAR de Fazouro de que non ten saída.
Reparar as deficiencias existentes no local do Centro Social de Foz.
Limpeza das cunetas das estradas e camiños municipais.
Revisar duchas e lavapés dos nosos areais.
Pintar a entrada do aparcadoiro da rúa de Sarria.
Reparar baldosas soltas ou defectuosas das beirarrúas.
Repoñer as vallas do Monumento ó Mariñeiro situado en Porto Chico.
Reparar a fonte pública da praza Conde de Fontao.
Rozar a Ruta Río Ouro.
Reparar a fonte existente na área recreativa do parque entre as pontes de Fazouro.
E numerosas preguntas como por exemplo sobre o
Problemas de seguridade durante o verán.
Sobre a reparación dos tramos que faltan da N-642.
Preguntas sobre mocións aprobadas en plenos anteriores.
Marquesina de San Acisclo.
Ampliación de locais para a Escola de Música.
Sobre a retirada dos colectores de aceite usado na parroquia de Vilaronte.
Reposición dos paneis informativos que había na zona das praias.
Sobre como estaba a contratación dun novo traballador para Radio Foz.
Si o Concello tiña pensado instalar luminarias de Nadal nas parroquias.
En que estado está a tramitación para facer o cambio de residentes para a nova residencia de
anciáns.
Sobre as novas instalacións da Protectora de Animais.
Cando se vai convocar a primeira reunión da comisión da Escola de Música.
Estado de tramitación do PXOM.
Estado da tramitación da nova EDAR.
Nas decisións importantes da Corporación estivemos á altura das circunstancias e defendendo sempre os
intereses xerais dos nosos veciños:
Defendemos a xestión pública da nova residencia de anciáns.
Facilitamos coa nosa abstención a aprobación dos Orzamentos do Concello para que se puideran
realizar moitas das cousas que nos demandaban os veciños e veciñas. (Uns Orzamentos que
chegaron tarde, en xuño, e a día de hoxe están case sen executar)
Votamos a favor da transparencia e información pública ós nosos veciños.
Votamos en contra de sacar o servizo de recadación do noso Concello.
Votamos en contra da suba de taxas da Piscina Municipal.
Pedimos que se fixera unha exposición pública dos proxectos de remodelación das Rúas Álvaro
Cunqueiro e Avda. da Mariña.
Votamos a favor da nova ordenanza da Escola de Música Municipal.
Votamos a favor da aprobación provisional do PXOM.
Presentamos unha emenda para rebaixar o tipo de gravame do IBE do 0,60 ó 0,54 e votamos a favor
para que os nosos veciños paguen menos de contribución neste ano 2017.
Votamos a favor do Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Foz, para iniciar
o proceso de financiamento do proxecto e construción da nova EDAR.
En canto á vida interna da Plataforma sinalar que o 18 de abril os/as seguidores/as de “Foz, Plataforma de
Futuro” por unanimidade escolleron á nova Coordinadora de Goberno, que continúa ata data de hoxe. Tamén
se escolleu o Defensor do Simpatizante e a Comisión de Garantías. A Coordinadora de Goberno mantivo
reunións ó longo do ano co tecido asociativo do Concello para coñecer de preto todas as inquedanzas dos
veciños e veciñas de Foz. A Coordinadora de “Foz, Plataforma de Futuro” denunciou no verán a externalización
dos servizos básicos de limpezas á mans privadas no Concello, a falta de socorristas nas praias e falta de limpeza
nas mesmas.
A Asamblea de Seguidores de “Foz, Plataforma de Futuro” decidiu por unanimidade o 15 de xuño de 2016
integrarse na rede de mareas locais e municipalistas “Mareas en Común” para facer unha fronte de cara ás
Eleccións Autonómicas que se celebraron en setembro. Posteriormente coa integración desta organización no
partido instrumental “En Marea”, a nosa organización decidiu darlle o seu apoio público para tratar de sumar
esforzos e conseguir un cambio no Goberno da Xunta de Galicia que tanto maltrata ó noso Concello. A día de
hoxe seguimos colaborando con En Marea, cos seus deputados autonómicos e estatais para a defensa dos
intereses do Concello de Foz, tanto no ámbito autonómico como estatal.
A Coordinadora de Goberno de “Foz, Plataforma de Futuro” quere agradecer en primeiro lugar ós veciños e
veciñas de Foz, todo o apoio recibido durante este ano, todas as achegas que nos fixeron chegar ben en persoa
ou a través das redes sociais. En segundo lugar ós nosos seguidores e seguidoras pola súa asistencia as
Asambleas, as súas achegas e o debate sempre construtivo en prol de Foz e desta formación. E por último, e
non menos importante, a labor inxente e eficaz que están a levar a cabo os nosos concelleiros no ámbito
municipal.
Dende “Foz,Plataforma de Futuro” mostramos a nosa satisfacción por ter conseguido neste ano 2016, que se
solucionaran xa numerosas reclamacións que a nosa formación levaba, ben fora en formato moción ou de rogo,
sen esquecernos que aínda quedan moitas outras por facer, e estamos convencidos que existe outra forma de
facer política para estar máis e mellor ó servizo dos veciños e veciñas do noso Concello.
COORDINADORA DE GOBERNO DE “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO