23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cultura contrata o proxecto básico e de execución da restauración da catedral de Mondoñedo

11-01-17

Santiago, 11 xaneiro de 2017.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a formalización do contrato de redacción do proxecto básico e de execución e a dirección da obra de restauración da cuberta da catedral e claustro da Basílica da Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto investir nesta restauración arredor de 700.000 euros. A formalización do devandito contrato, por un importe superior aos 45.400 euros, pódese consultar no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170111/AnuncioG0164-271216-0007_gl.html .

Cómpre lembrar que este verán xa se adxudicou unha primeira intervención sobre a cuberta deste templo, cun importe de 54.837,20 euros, co fin de testar de forma detallada as necesidades para a actuación xeral que se irá realizando en varias fases.

O obxectivo destas intervencións é velar pola conservación desta catedral, de innegable relevancia para a vida cultural e relixiosa galega ao longo dos últimos séculos; acometendo melloras que permitan paliar o seu deterioro e deseñar accións futuras de conservación preventiva, conservación, restauración e posta en valor.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive