23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG: Desángrase o sector lácteo mentres a Xunta vende fume

10-01-17

Santiago de Compostela 10-1-17.. Para Compromiso por Galicia queda máis que acreditada a incapacidade da conselleira do Medio Rural, que é unha cómplice silenciosa dun Ministerio incompetente e insensible con Galicia.

A situación do sector lácteo galego é traumática, e mentras a Xunta de Galicia nos inunda de titulares e anuncios, as explotacións seguen pechando, sen contar con outras que non poden facelo polas altas débedas acumuladas.

Medio milleiro de explotacións pechadas no último ano en Galicia . O 60% do conxunto do estado. Non é algo novo porque desde que goberna Feijóo xa van máis de 5.000 explotacións que desapareceron.

Despois de tantas promesas e proxectos, os produtores galegos continúan sendo os que menos cobran polo
leite. O acordo lácteo segue sen cumprirse. Segue habendo imposición de prezos e unha posición dominante da industria á hora de asinar contratos. O broche a ineficacia da Consellería do Medio Rural son os plans de mellora que non foron aprobados ou o atraso no cobro das axudas da PAC. A administración opta pola inacción para que un dos motores do campo siga apagándose. Día a día. Explotación a explotación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive