Viveiro 17-1-17. O domingo celebrouse no circuito do Aguillón na localidade de A Rúa ( Ourense ) a trixésima primeira edición do Campeonato de Galicia de Cross de Veteran, nun circuíto totalmente embarrado pola choiva caida e cun tempo moi frío, o que facía moi difícil manterse en pe, tomaron parte nesta cita un total de 230 participantes de todalas categorías, representando a tódolos clubes de Galicia, batindo un record de participación.
O equipo viveirense estivo representado por 12 atletas masculinos e femininos en distintas categorías acadando 2 ouros e 1 prata.
No apartado femenino proclamouse campeona galega na categoría de W60, Begoña de Arriba.
No apartado masculino o campeón galego en M75 foi Antonio Cabana e o seu compañeiro de clube na categoría de M65, Eliseo López fíxose co subcampeonato galego.