Mondoñedo 5-1-17. A Asociación Salto do Coro reforza o seu número de actividades este 2017.
Iníciase un grupo para saír ás presas, que será os luns de 20 a 21 horas.
Seguen as clases de ximnasia de mantenemento os martes e os xoves de 20:30 a 21:30 na Casa da Mocidade. Reforzarase no mes de xaneiro e febreiro aos mércores tamén no mesmo horario.
Polas mañás impartirán clases os martes e os venres no CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS DE MONDOÑEDO.
Seguirán co apoio de INGETEAM as rutas de senderismo tanto en Mondoñedo como en concellos limítrofes.
Para informarse poden chamar ao teléfono 605790091.