16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Morre unha menor ao caer dun cabalo en Mondoñedo

04-01-17

Unha rapaza perdeu a vida este mércores no concello de Mondoñedo ao sufrir unha caída do cabalo que montaba. Os feitos tiveron lugar na parroquia dos Remedios, en Estelo, arredor das 17:30 horas.

A rapaza caeu nunha zona de difícil acceso, o que dificulta as tarefas para rescatar o seu corpo. Membros do Concello informaron ao persoal do CAE 112 Galicia, que, decontado, avisou a Urxencias Médicas, Protección Civil, Bombeiros de Barreiros e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofres e Emerxencias (GIPCE).

Os servizos de emerxencias continúan no lugar do suceso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive