20 de Xaneiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Nadal de vila en vila” en Xove

04-01-17

Xove 4-1-17. Xoves 5 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico, ás 12:00 horas.
Entrada Libre. Dirixido a familias con nenos/as a partires dos 4 anos.

Dende a Rede de Dinamización Lingüística estase a traballar para poñer en marcha unha nova edición do programa Nadal en Rede, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, Cabalgatas, felicitacións etc.). Como vén sendo habitual nos últimos anos, o programa incluíra tanto actividades de dinamización lingüística coma recursos dixitais que estarán accesibles proximamente desde o Portal da Lingua Galega wwwiingua.gal.

O Concello de Xove está incluido na relación dos que acollen actividades deste tipo, neste caso ‘Nadal de vila en vila’, un obradoiro de música de Nadal en galego destinado a achegarlles aos participantes as tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aginaldos etc da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro. Nel, a participación dos asistentes será activa e recibirán con este fin diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas…) cos que acompañar as voces. A partir dun conto de Nadal que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial de letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.

A duración desta actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, vai dirixida a familias con nenos a partir dos 4 anos e está pensada para desenvolver en espazos culturais municipais (casas da cultura, auditorios, centros socioculturais ou similares).

Trátase dunha actividade da REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA que conta, neste caso, coa colaboración da CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE XOVE.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive