27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O polideportivo do colexio de Galdín acollerá este sábado o campionato concello de Cervo de Nihon Tai Jitsu 2017

10-01-17

100117-presentacion-campionato-de-nihon-tai-jitsu-en-san-ciprianCervo, 10 de xaneiro de 2017. O polideportivo do colexio de Galdín acollerá este sábado, 14 de xaneiro, o campionato Concello de Cervo de nihon tai jitsu, que é unha arte marcial de orixe xaponesa considerada como departamento oficial dentro da Real Federación Española de Karate. Ese evento deportivo foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o adestrador nacional Miguel Ángel Rojo.

O edil delegado de Deportes anunciou que “este vindeiro sábado, 14 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, no polideportivo do colexio de Galdín, en San Ciprián, terá lugar a celebración do campionato de nihon tai jitsu, pertencente á Federación Galega de Karate, en modalidade de kata e de combate, denominada goshin sobu. Será totalmente gratuíto para todos aqueles que desexen acercarse ó pavillón de Galdín a presenciar esta modalidade deportiva”.

José Ramón Soto explicou que “o nihon tai jitsu é unha arte marcial de orixe xaponesa cuxo obxectivo primordial é a defensa persoal; de aí o nome que se lle deu no seu momento e que significa método superior de defensa persoal, no cal se busca a proporcionalidade na resposta ante unha posible agresión, podendo ser a resposta dende leve a contundente. O nihon tai jitsu está considerado como departamento oficial dentro da Real Federación Española de Karate, o que implica pertencer á Federación Galega. Nesta nova edición cabe destacar como novidade a modalidade de goshin sobu, que consiste na aplicación libre das técnicas de defensa persoal contra ataques a man baleira, a ataques cun pau e contra coitelo. Esta novidade fará a competición máis vistosa e dinámica para o público en xeral. Os participantes comprenderán idades dende os 6 anos ata a categoría sénior”.

O concelleiro de Deportes engadiu que “este campionato esta organizado pola Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña, co seu director, o mariñán Miguel Ángel Rojo, que leva máis de 15 años na súa labor de difusión do nihon tai jitsu, non só en Galicia senón tamén noutras comunidades a onde se despraza a impartir seminarios de formación, xa que é profesor titulado nacional. O campionato está baseado na modalidade de kata individual, sendo o obxectivo principal dar a coñecer esta actividade na nosa comarca, a pesar de que esta práctica xa leva varios años implantada en esta zona. Trátase dun campionato que ten carácter oficial baixo o supervisión da Federación Galega de Karate co patrocinio do Concello de Cervo. Está previsto que acudan uns 35 participantes, previamente seleccionados, da Mariña luguesa e da Coruña, Ourense e Lugo. Entre eles atópanse os actuais campións de Galicia de nihon tai jitsu así coma o subcampión de España da modalidade de goshin sobu, o viveirense Joel Romero, ademais do mestre e director autonómico Miguel Ángel Rojo, veciño do noso concello”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive