27 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE de Lugo critica que Feijoo veña á Mariña a inaugurar 8 quilómetros de corredor que se executaron en 8 anos, esquecendo o proxecto orixinal

10-01-17

Viveiro (Lugo), 10 de xaneiro de 2017.- A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro así como representantes socialistas da Mariña, non asistiron este martes á apertura do treito de 8 quilómetros da Vía Alta Prestacións Celeiro-San Cibrao que o Goberno de Feijoo tardou 8 anos en facer, omitindo as reclamacións veciñais e impoñendo un proxecto que non foi consensuado coa cidadanía e o Concello.

Explica que este proxecto que se inaugura hoxe “foi un trazado imposto, que non foi consensuado nin co goberno local, nin cos veciños, e prexudica claramente os intereses dos veciños de Magazos, por iso non podemos permanecer calados”, insistiu.

A rexedora valora “moi positivamente todas as infraestruturas que supoñan un beneficio para a Comarca e para Viveiro”, pero lamenta “que este tramo de 8 quilómetros que leva en proceso de execución 8 anos, só sexa unha parte menor dun proxecto global máis amplo como é a Vía de Alta Prestación de Ferrol a San Cibrao”. Nese senso demandou investimentos nos orzamentos da Xunta para rematar esta infraestrutura viaria, pois os anunciados por Feijoo son claramente insuficientes.

Maria Loureiro advirte que Viveiro “é o único concello da Mariña que non ten un corredor”. Di que “todos os camións pasan polo centro, non temos unha variante alternativa e é o terceiro Concello máis importante da provincia”. Replica, ademais, que a día de hoxe Viveiro conta con diversos proxectos paralizados, que son competencia directa da administración autonómica. “Concretamente en Viveiro está paralizado o PXOM, o dragado e saneamento da Ría de Viveiro, o trasvase de area da Praia de Covas ou o derribo dos galpóns do muelle”, explicou. Por iso insiste nas súas criticas “toda a Mariña de Lugo esta esquecida polos Gobernos de Feijoo e do PP. Eu hoxe non lle vou aplaudir a Feijoo”, concluíu.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive