23 de Abril de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro comezan o ano novo con 19 medallas no campionato galego de pista cuberta de veteráns

10-01-17

captura-de-pantalla-2017-01-09-a-las-11-37-30-p-mViveiro 10-1-17. O pasado domingo o Pazo dos deportes de Riazor acolleu unha nova edición correspondente á disputa do Campeonato de Galicia de Veterans de Pista Cuberta, que se desenvolveu en dobre xornada de mañá e tarde, cunha participación record dos campeonatos con 460 inscritos. Sendo unha fantástica xornada para os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro ó acadar 9 medallas de ouro, 6 prata e 4 de bronce e ó mesmo tempo batir 4 records galegos.

No apartado femenino Susana Parguiña na categoría de W50, foi campeona galega nos 200 e nos 1500 metros e subcampeona nos 800 metros.

Entre os atletas masculinos, acadaron medalla os seguintes atletas: Antonio Cabana en M75, fíxose có ouro nas probas de 400, 800 e 1500 metros batindo os records galegos nas tres probas; o seu compañeiro Fernando Ramos en M70, fíxose có ouro nas probas de 50, 200 e 400 metros, batindo o record galego na proba de 50 metros; Antonio Hernandez en M70, foi ouro nos 800 metros e prata nos 400 metros; Domingo Alvarez en M65 foi prata en 400 metros e bronce nos 1500 metros; Eliseo López en M60 fíxose coa prata nos 3000 metros; Luis Miguel García en M50 foi bronce en 50 metros e tamén bronce en 1500 metros; Constantino Real en M50 foi prata en 400 metros e bronce en 800 metros; Jose Angel López en M40 obtivo a prata nos 3000 metros.

A próxima proba na que participarán será o Campeonato Galego de Campo a Través a celebrar o próximo domingo na Rúa (Ourense).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive