19 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os Reis Magos percorrerán Foz na cabalgata deste xoves en carrozas reformadas polo Concello

04-01-17

040117-novas-carrozas-cabalgata-de-reis-fozFoz, 4 de xaneiro de 2016. Na cabalgata deste ano os Reis Magos percorrerán a vila focense en carrozas que foron reformadas polo Concello. Outra das novidades será un tren no que irán nenos e nenas acompañando ás súas maxestades.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe: “no Concello de Foz xa temos todo preparado e listo para a gran cabalgata de Reis que imos ter mañá. Xa temos preparadas as carrozas coas que os Reis Magos van percorrer as rúas do casco urbano de Foze que acaban de ser reformadas, ambientadas unha facendo mención á terra, outra ao mar e outra ao aire. A verdade é que hai que darlles os parabéns aos operarios municipais porque con moitísimo esmero estiveron traballando durante varias semanas”.

Javier Castiñeira indica que “a cabalgata empezará ás sete e media da tarde no Paseo de Colón, como todos os anos. Antes os Reis visitarán aos nosos avós no asilo de anciáns, tamén como todos os anos. A partir das sete e media a cabalgata percorrerá as rúas do pobo ata chegar ao Concello, onde teñen unha recepción por parte do alcalde. Alí tamén haberá un belén vivinte, que fan os alumnos do colexio do Pilar, e despois os Reis nos seus tronos farán fotos con todos aqueles nenos e nenas que queiran”.
O rexedor municipal engadiu: “remataremos o acto da cabalgata cunha chocolatada, como facemos todos os anos, á que tamén acudirán os Reis. Será no colexio Número 1”.

O alcalde salienta que “as novidades que hai este ano son importantes. Ademais das propias carrozas, que se cambiaron, temos un tren onde poderán ir arredor de 25 ou 30 nenos, e tamén o novo ambiente da zona do belén no Concello”.

Para Castiñeira “é unhas das cabalgatas máis bonitas da Mariña e polo tanto convidamos a todos os rapaces e padres da vila e do concello de Foz, pero tamén a aqueles de concellos próximos que queiran vir gozar dos Reis Magos a véspera, poder falar con eles e poder facerlles as súas peticións. No concello de Foz de moi bo agrado imos recibilos e todos xuntos imos gozar dunha estupenda velada de véspera de Reis”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive