Viveiro 20-2-17. O pasado sábado celebrouse na localidade coruñesa de Padrón, o Campeonato Galego de 10km en ruta, cunha masiva participación de máis de 600 atletas, que representaban á maioría dos clubes galegos. O clube da cidade do Landro, estivo representado por 24 atletas que fixeron un extraordinario campeonato traéndose 8 medallas e batindo un record galego, a proba desenrolouse nun circuíto totalmente chan, no que os atletas tiveron que dar duas voltas baixo unha forte chuvia, que empezou a caer no inicio da proba e non parou ata o remate da mesma, o que foi un impedimento para acadar mellores marcas.
No apartado das medallas, en categoría femenina, a atleta Mari Luz San Martín en W65 proclamouse campeona galega batindo o record galego da distancia, deixándoo en 51 minutos 29 segundos; a súa compañeira Isabel Brea, tamén en W65 fíxose co subcampeonato da proba; Manuela Guisasola, en W55, acadou a medalla de bronce e a súa compañeira en W50, Susana Parguiña proclamouse subcampeona galega.
No apartado masculino: Antonio Cabana en M75, proclamouse campeón galego; Antonio Hernandez en M70 tamén obtivo o primeiro posto e o seu compañeiro Fernando Ramos tamén en M70 foi subcampeón galego e remantando o medalleiro con Domingo Alvarez na categoría de M65 conseguindo outro subcampeonato galego.
Os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro volveron a demostrar que están en plena forma ó ser o clube máis laureado neste campeonato galego.