21 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta e o Concello discriminan ás agricultoras e agricultores de Barreiros non programando charlas sobre a praga da pataca, denuncia o BNG

12-02-17

Barreiros, 11 de febreiro de 2017. O BNG pídelle ao alcalde de Barreiros que exerza de tal e esixa que a Xunta informe en Barreiros sobre a praga da pataca.

“Non sabemos se o goberno de Barreiros non solicitou as charlas ou foi a Xunta quen deixou fóra ao noso concello. En calquera caso, parécenos unha falta de respecto cara as veciñas e os veciños nunha zona coma esta onde practicamente todas as familias poñen patacas”, asegura a portavoz municipal Ana Ermida.

“O que está claro é que para o Partido Popular os problemas dos agricultores de Barreiros non son prioritarios. Apúranse máis a solucionar os problemas dos constructores que os dos agricultores”, continúa a portavoz municipal.

Desde o BNG aseguran que “xa que o PP non o fai, seremos nós quen solicitemos que técnicos da Xunta se despracen a Barreiros para informar á xente. O luns mesmo presentaremos un escrito dirixido ao concello e á Xunta para que corrixan esta discriminación clarísima dos veciños e veciñas de Barreiros.”

A portavoz municipal nacionalista amosa a súa sorpresa e o seu descontento pola xestión que se está a facer da situación. “O papel da Xunta está deixando bastante que desexar. Primeiro actúan tarde, cando xa coñecían o problema desde hai meses, agardan a dar indicacións cando a xente xa ten a semente e, nalgúns casos, xa están postas as patacas. Pero ademais as indicacións que dan son confusas e están a xenerar máis alarma que solucións. E, por riba, en Barreiros nin sequera imos ter a oportunidade de reunirnos co persoal técnico da Consellería”, continúa.

“Non entendemos que criterio seguiron para marcar as charlas, porque o concello de Barreiros sempre foi unha zona onde se plantou e se planta pataca. Salvo que o criterio sexa discriminar a un concello porque agora desde o PP parece que renegan dun alcalde que eles puxeron e manteñen aí.”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive